30 de mayo de 2016

Xornada de acollida e Xuntanza dos alumnos/as de 6º de Educación Infantil

E para rematar, unha pequena reportaxe da XUNTANZA DO ALUMNADO DE 6º DE ED. INFANTIL na Piteira o pasado venres. Xogos, agasallos e larpeirada!!!



















XORNADA DE ACOLLIDA PARA O NOVO ALUMNADO






XUNTANZA DO ALUMNADO DE 6º DE ED. INFANTIL










20 de mayo de 2016

Letras Galegas: Lembrando a Manuel María

Como ben sabedes este ano o Día das Letras Galegas estivo adicado a Manuel María, e para celebrar este acontecemento tan especial, o pasado venres 13 de maio fomos á Piteira onde gozamos cun montón de xogos e actividades moi divertidas.



Representación da obra de Berenguela "Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo". Adaptación realizada polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CRA. Participantes: As profes Marta, Katy, Irene e Dalia.









Merenda e xogo para continuar... O tempo axudou e puidemos saír e gozar da fantástica contorna da Piteira.










E finalizamos a xornada coa rotación de grupos por diferentes talleres! Que ben o pasamos!


TALLER DE MANUALIDADES
 Decoramos unha espiña de Toxo, protagonista da obra de monicreques.



TALLER DE MÚSICA
 Bailamos e cantamos a canción "A roda-roda" do libro-CD "Canta o Cuco" da Ed. Galaxia (sonárbore). Libro homenaxe a Manuel María.




TALLER DE XOGOS
 Divertímonos moito co xogo "Vai o cuco para a gaiola". Un xogo no que as chapas eran cucos que estaban nas árbores e tiñamos que levalos para a gaiola seguindo uns camiños!










Aquí vos deixamos algunhas actividades elaboradas polo Seminario Galán para continuar aprendendo un montón de cousas sobre este grande das nosas letras. 



Premer na imaxe para acceder á biografía de Manuel María




Premer nas imaxes para acceder ás diferentes actividades sobre os poemas do libro "Os soños na gaiola" de Manuel María: O Galo, O Cuco, O Caracol, Neve, O Arco da Vella, O Meu Burriño, O Gato, Orballo, O Vento,... algúns deles musicados por Suso Vaamonde. 









18 de mayo de 2016

Lecra está nas nubes


Como sabedes, todos os anos propoñemos un proxecto de traballo para levar a cabo en común nas distintas escolas do CRA. Este ano, xunto coa nosa mascota Lecra, andamos coa cabeza nas nubes, e vos pensaredes, como é iso de andar coa cabeza nas nubes?... Pois algo moi divertido, tratamos de averiguar un montón de cousas sobre elas, si, si, elas, as nubes!, e para iso observámolas moito.



Algúns pensan que os que teñen a cabeza nas nubes non teñen os pés na terra, que é como decir que son distraídos e que, por isto, non van a chegar moi lonxe. Pero non é certo, mirar con atención as nubes é fantástico, podes imaxinar e aprender un montón de cousas, nunca te aburres!.


A continuación aparecen algúns dos recursos que nos guiaron e axudaron neste percorrido e que de seguro moitos xa coñecerán.




 Vídeo "Lecra e as nubes" realizado polo Equipo de Biblioteca. Lecra nos invita a aprender un montón de cousas sobre as nubes.
                                                                     
                      



                 Canción "Nubes-Alegría!"Música e letra: Sergio Tannus. Realización e animación: Luz Beloso

                      



Corto de animación "Parcialmente nublado", "Partly Cloudy" en inglés. Producida no 2009 por Pixar Animation Studios e 
distribuída por Walt Disney Pictures.

                     



                                Vídeo de debuxos animados educativos sobre as nubes. Serie Narigota.

                                    



                                   Conto infantil animado "Roberto y el escultor de nubes". Babyradio.es

                       



Vídeo sobre o conto infantil "Donde está tu nube" de David Fernández e Santiago Verdugo da Editorial Pastel de Luna realizado polo Equipo de TICS. Música: The Legend of Zelda.

                                        



Vídeo sobre o conto infantil "A little cloud" de Eric Carle. Montado e adaptado ao galego pola profe Nuria, coa que tivemos a sorte de contar este ano unha vez máis, e á que lle agradecemos a súa colaboración e implicación. Moitas grazas, Nuria!.

                                         




12 de mayo de 2016

ADMISIÓN DO ALUMNADO CURSO 2016-17 - LISTAXE DEFINITIVA


LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O

CURSO 2016-17



NOTA: Poderase interpoñer recurso de alzada ante a Xefatura Territorial no prazo dun mes dende a súa publicación.



5 de mayo de 2016

Saída ao teatro

O 20 de abril fomos de excursión a Santiago a ver a obra de teatro O libro da selva. Gozamos cos personaxes, os monicreques xigantes, as cancións,... Nada mellor que ver o seguinte vídeo para facerse unha idea.


                                       

Pensades que xa rematamos? Pois non, tivemos unha sorpresaza! Os actores deixáronnos subir ao escenario despois de rematar a obra! Mirade que contentos estabamos todos.






Paco Nogueiras visita o noso CRA

No mes de marzo estivo con nós Paco Nogueiras. Xa coñeciamos do curso pasado a súa faceta de músico, pero nesta ocasión sorprendeunos como contacontos.


Fíxonos gozar con poemas de Xosé Neira Vilas do libro Cantarolas e deleitounos cos contos Paxariña de papel, Despois da chuvia e O poliño da abeleira. Pasámolo moi ben!.


                               


Rematamos a xornada cunha homenaxe dos nenos e nenas das escolas a Xosé Neira Vilas.  Recitaron e escenificaron o poema O sol do seu libro Cantarolas. Son uns artistas!!!.