Un ano máis e con motivo do día das bibliotecas o CRA DE DODRO visitou o CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, no que disfrutamos e realizamos un montón de actividades na súa biblioteca.
Hai uns días puidemos desfrutar dunha estupenda saída por Santiago. Por unha banda, e con motivo da celebración do Día do Libro, visitamos a Libraría Couceiro, na que nos mergullamos no maravilloso mundo da literatura infantil e nos amosaron o procedemento e materiais necesarios para facer un libro. E por outra banda, percorremos os diferentes postos do Mercado de Abastos, polo que os nenos/as tiveron a oportunidade de amosar o moito que saben das criaturas mariñas, dado que o proxecto deste curso no CRA é o mar.
Moitas grazas tanto á Libraría Couceiro como aos traballadores da Praza polo moito que nos ensinaron e polo ben que nos trataron.
Aquí vos deixamos "The fantastic flying books of Mr. Morris Lessmore", preciosa curtametraxe animada que compartimos con vós con motivo da celebración do Día do Libro.
O pasado 24 de febreiro foi o Día de Rosalía de Castro, e no CRA quixemos unirnos a este celebración realizando diversas actividades nas que a protagonista era a nosa ilustre escritora. Disfrutamos dunha divertida contacontos, a mestra de Audición e Linguaxe recitou un dos seus poemas empregando pictogramas (o cal podedes ver a continuación do vídeo), e os nenos e nenas fixeron un precioso mural de Rosalía. Agardamos que vos guste!!!
HAI UNS DÍAS QUEDAMOS ALGÚNS MERGULLADORES PARA IR NA PROCURA DE POLBOS, NÉCORAS E CABALIÑOS DE MAR. NON FOI SINXELO, XA QUE TIVEMOS QUE IR ESQUIVANDO A UN MONTÓN DE SURFISTAS.
DURANTE A NOSA BUSCA LEVAMOS UN BO SUSTO Ó ATOPARNOS CUNS TIBURÓNS QUE NOS QUERÍAN PAPAR. PUIDEMOS CHEGAR Á PRAIA E AVISAR Á SOCORRISTA PARA QUE SACARA A TODOS OS BAÑISTAS DA AUGA.
FINALMENTE ENTREGAMOS AS NOSAS CAPTURAS ÁS COCIÑEIRAS, QUE TIÑAN UNHA CEA ENCARGADA POR UNHAS TURISTAS HAWAIANAS.
AQUÍ VOS DEIXAMOS UN VÍDEO COMO PROBA DA NOSA AVENTURA.
Chega
o Entroido queridas familias! Quedan 7 días para a gran festa de
entroido no CRA de Dodro, así que ide quentando as vosas voces e os
vosos músculos porque vamos a cantar e bailar con todas as nosas
forzas durante toda a mañá. Aquí abaixo vos deixamos un pequeno video coa canción e unha imaxe coa letra para que podades practicar.
O pasado 30 de xaneiro celebramos no CRA o Día da Paz na compaña dun peixe moi especial, o Peixe Pacífico. Cobrou vida grazas aos nen@s e profes de todas as escolas. Con el aprendemos unha chea de cousas relacionadas coa Paz e tamén co océano do que deriva o seu nome. Agardamos que vos guste!!