NORMAS E PROTOCOLOS


  •  Control de persoas que acceden ao colexio
 En horario lectivo non poderán acceder ás aulas os/as pais/nais nin outro persoal sen a debida autorización.
• Ningunha persoa poderá acceder aos espazos didácticos pedagóxicos, sen a debida  autorización.
• Tampouco se permite a utilización dos espazos do recinto escolar a ningunha persoa ou grupo de persoas que non estean debidamente autorizadas.

  •  Medidas de protección do alumnado
 O alumnado non poderá abandonar o centro en horario escolar sen contar co permiso da dirección ou do profesor titor. Os/As pais/nais, ou a persoa que se faga cargo do alumnado, deberán asinar no rexistro existente en cada unha das escolas, quedando constancia escrita da persoa que retira ao neno ou nena, que ten que ser obrigatoriamente o pai, a nai, titor/a legal ou a persoa debidamente autorizada documentalmente.

  • Protocolo de asistencia sanitaria
Un accidente máis ou menos grave, pode acontecer en calquera momento, tanto no domicilio, transporte ou no mesmo centro escolar. Por iso, debemos estar preparados e actuar coa maior dilixencia posible. Ante situacións así, actuaremos da seguinte forma:



Accidente “moi grave” (cando non se pode mover ao accidentado)


AVISO INMEDIATO AOS SERVIZOS DE EMERXENCIA (112/061) E Á FAMILIA.

Accidente “grave” (o traslado do accidentado non reviste gravidade)


AVISO INMEDIATO Á FAMILIA PARA QUE TOME A DECISIÓN OPORTUNA.

Accidente “leve” (non reviste gravidade)

AVISO Á FAMILIA. ESPERAR A CHEGADA DO FAMILIAR.

Pequenas lesións 

ATENCIÓN NO PROPIO CENTRO POLO PERSOAL DOCENTE. AVISO Á FAMILIA, SE PROCEDE.