29 de febrero de 2016

ADMISIÓN DO ALUMNADO CURSO 2016-17 - INFORMACIÓN XERAL


 PROCEDEMENTO ORDINARIO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO CURSO 2016-2017


NORMATIVA REGULADORA 

DECRETO 254/2012, do 13 de decembro polo que se regula a admisión do alumnado en centros doscentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación.

DECRETO do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación.

NOTAFacilitarase esta documentación na sede do CRA de Dodro no caso de precisar consultala.


POSTOS ESCOLARES OFERTADOS PARA O CURSO 2016-2017 POR UNIDADE


ESCOLA
ALUMNOS MATRICULADOS PARA O CURSO 2016/2017
Nº DE PRAZAS VACANTES
BEXO
9
11
LAÍÑO
16
4
LESTROBE
6
14
VIGO
13
7
TOTAL
44
36


NOTA: Reservaranse 3 prazas para atender á escolarización de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. As devanditas prazas non adxudicadas, asignaranse dentro do procedemento ordinario de admisión.


PRAZOS E PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN

Do 1 ao 29 de marzo, ambos incluídos
SOLICITUDE DE ADMISIÓN
Presentar a solicitude (dúas primeiras follas do ANEXO II da Orde do 12 de marzo) no centro solicitado en primeiro lugar. Deberá ser asinada por calquera das/os titulares da patria potestade . O mencionado ANEXO II será facilitado na sede administrativa do CRA de Dodro ou nas correspondentes escolas.

Achegar copia do DNI do alumna/o ou copia do libro de familia e copia do DNI dos pais/titores legais.

Esta documentación presentarase na sede administrativa do CRA de Dodro no horario de dirección que figura nos taboleiros das escolas e no noso blog, no apartado, O NOSO CENTRO - HORARIOS - ATENCIÓN DA DIRECCIÓN.

Do 1 ao 14 de abril
Presentación da documentación xustificativa dos criterios alegados para o baremo, SÓ NO CASO DE HABER MÁIS DEMANDA DE PRAZAS QUE AS OFERTADAS
Presentación das follas 3, 4 e 5 do ANEXO II xunto coa documentación acreditativa correspondente.
Antes do 25 de abril
Publicación das listaxes provisionais de admitidos/as e non admitidos/as
Reclamación no prazo de 5 días hábiles dende a súa publicación ante o Consello Escolar.
Antes do 15 de maio
Publicación da listaxe definitiva de admitidos/as e non admitidos/as
Recurso de alzada ante a Xefatura Territorial no prazo dun mes dende a súa publicación.
Do 20 ao 30 de xuño, ambos incluídos
FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA
Presentar o documento de formalización de matrícula (ANEXO III-1 da Orde do 12 de marzo).
Achegar copia da tarxeta sanitaria e 2 fotos tamaño carné.


NOTA INFORMATIVA

1º) Cada alumno/a pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. Non sendo así, perderá os dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

2º) O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

3º) O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solucitudes de admisión.




24 de febrero de 2016

Magosto - Samaín 2015

Aínda que o tempo non nos axudou moito, que ben o pasamos na celebración do Samaín e do Magosto! Acordádesvos???