23 de diciembre de 2019

BO NADAL

Bo nadal a todos e todas, esperamos que disfrutárades moito do festival e da visita de Papa Noel.

Ahora toca descansar, vémonos á volta o próximo día 8 de xaneiro de 2020

FELICES FESTAS!!!
BOA ENTRADA NO 2020!!


20 de diciembre de 2019

RECOMENDACIÓNS PARA O NADAL


VISITA DO APALPADOR

Hoxe tivemos unha visita moi especial, veo ao CRA o APALPADOR. Os nenos, as nenas e as mestras  pasárono xenial con esta experiencia.

Gracias ao Concello por achegarmos estas actividades.


16 de diciembre de 2019

ANDAINAS POLO CRA

Este ano estamos a participar no PLAN PROXECTA: mobilidade sostible e segura.

Os nenos e nenas do CRA estiveron percorrendo a contorna das escolas, observando as sinais de tráfico e todos aqueles elementos que fan as nosas andainas seguras.



11 de diciembre de 2019

AVISO

Estimadas familias: o xoves día 12 de decembro está convocada una folga do profesorado nos centros públicos, por parte de todos os sindicatos. O centro abrirá as súas portas en aplicación da orde de servicios mínimos, garantirase a apertura do centro (todas as escolas) no horario habitual de 9:30 a 14:30, así como a atención a todo o alumnado.

9 de diciembre de 2019

VISITA AO CPI EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN


Cancións para Nadal



Aquí vos deixo unha recopilación de cancións para o nadal. Para escoitar as cancións só tedes que pinchar enriba das imaxes que aparecen en cada páxina. A disfrutar do nadal e dos seus cantares!



3 de diciembre de 2019

Conta atrás musical para o Nadal !



CHEGOU DECEMBRO


E con el o NADAL!!
Déixovos aquí un calendario, que é unha conta atrás, cada día teredes que ollar o que esconde . Sempre será algún fragmento musical, unha representación, un musicograma... 
Este será  a sorpresa de cada día e con ela indagaremos un chisco mais no mundo da música. Que comecen as sorpresas
                                      Cal será a de hoxe?


BO TRATO

Rematamos a semana pasada APUNTÁNDONOS ó BO TRATO .

Grazas ó concello por achegarnos esta actividade.