5 de mayo de 2016

Paco Nogueiras visita o noso CRA

No mes de marzo estivo con nós Paco Nogueiras. Xa coñeciamos do curso pasado a súa faceta de músico, pero nesta ocasión sorprendeunos como contacontos.


Fíxonos gozar con poemas de Xosé Neira Vilas do libro Cantarolas e deleitounos cos contos Paxariña de papel, Despois da chuvia e O poliño da abeleira. Pasámolo moi ben!.


                               


Rematamos a xornada cunha homenaxe dos nenos e nenas das escolas a Xosé Neira Vilas.  Recitaron e escenificaron o poema O sol do seu libro Cantarolas. Son uns artistas!!!.