23 de diciembre de 2019

BO NADAL

Bo nadal a todos e todas, esperamos que disfrutárades moito do festival e da visita de Papa Noel.

Ahora toca descansar, vémonos á volta o próximo día 8 de xaneiro de 2020

FELICES FESTAS!!!
BOA ENTRADA NO 2020!!


20 de diciembre de 2019

RECOMENDACIÓNS PARA O NADAL


VISITA DO APALPADOR

Hoxe tivemos unha visita moi especial, veo ao CRA o APALPADOR. Os nenos, as nenas e as mestras  pasárono xenial con esta experiencia.

Gracias ao Concello por achegarmos estas actividades.


16 de diciembre de 2019

ANDAINAS POLO CRA

Este ano estamos a participar no PLAN PROXECTA: mobilidade sostible e segura.

Os nenos e nenas do CRA estiveron percorrendo a contorna das escolas, observando as sinais de tráfico e todos aqueles elementos que fan as nosas andainas seguras.



11 de diciembre de 2019

AVISO

Estimadas familias: o xoves día 12 de decembro está convocada una folga do profesorado nos centros públicos, por parte de todos os sindicatos. O centro abrirá as súas portas en aplicación da orde de servicios mínimos, garantirase a apertura do centro (todas as escolas) no horario habitual de 9:30 a 14:30, así como a atención a todo o alumnado.

9 de diciembre de 2019

VISITA AO CPI EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN


Cancións para Nadal



Aquí vos deixo unha recopilación de cancións para o nadal. Para escoitar as cancións só tedes que pinchar enriba das imaxes que aparecen en cada páxina. A disfrutar do nadal e dos seus cantares!



3 de diciembre de 2019

Conta atrás musical para o Nadal !



CHEGOU DECEMBRO


E con el o NADAL!!
Déixovos aquí un calendario, que é unha conta atrás, cada día teredes que ollar o que esconde . Sempre será algún fragmento musical, unha representación, un musicograma... 
Este será  a sorpresa de cada día e con ela indagaremos un chisco mais no mundo da música. Que comecen as sorpresas
                                      Cal será a de hoxe?


BO TRATO

Rematamos a semana pasada APUNTÁNDONOS ó BO TRATO .

Grazas ó concello por achegarnos esta actividade.

28 de noviembre de 2019

21 de noviembre de 2019

POLA IGUALDADE: O RATIÑO PRESUMIDO

Os nenos e nenas do CRA de DODRO, tivemos a ocasión de disfrutar ca obra de teatro O RATIÑO PRESUMIDO.
Rompendo cos roles de xénero e pola igualdade.
Grazas ao Concello por ofrecernos estas actividades.


20 de noviembre de 2019

VISITA Á ESCOLA DE LESTROBE

O pasado venres fomos de visita a unha das escolas do CRA, á Escola de Lestrobe, recibíronnos cos brazos abertos.

Grazas compañeiros e compañeiras!!!


5 de noviembre de 2019

MAGOSTO SAMAÍN

Pasámolo de medo!!

Grazas a todas as familias pola vosa colaboración.



Todas as fotos deste día tan divertido serán facilitadas polas titoras.

28 de octubre de 2019

Lecra coida a Terra.


Despois das viaxes que fixemos o curso pasado polo mundo, Lecra viu que a Terra está un pouco descoida. Entón este ano proponnos que sexamos os seus axudantes para conseguir un mundo moito mais listo


Reducir, Reciclar e Reutilizar










22 de octubre de 2019

Imos pasalo de medo con estas melodías arrepiantes!


           Aquí vos deixamos.....


                                 O Top 10 do CRA de Dodro para este Samaín- Magosto.
  



https://view.genial.ly/5bd1cc8243e2793a7a3dbc21/interactive-content-top-10-samain-magosto



27 de septiembre de 2019

Unha nova estación



Bo día !

Os nenos e nenas do CRA de Dodro xunto coa súa amiga Lecra danlle a benvida o Outono e a canción de Uxía Lambona e a Banda Molona. 
( Fai clic na imaxe e a cantar)





24 de junio de 2019

MOCHILA VIAXEIRA

As mochilas viaxeiras xa están de volta na nosa biblioteca. Velaquí tendes unha mostra do que máis lles gustou aos nosos nenos e nenas.
Para o curso que ven teremos máis mochilas que enriquecerán as lecturas e o tempo de lecer.


18 de junio de 2019

XUNTANZA 6º DE INFANTIL

Os nenos e nenas de 6º de E. Infantil xuntáronse o pasado día 7 de xuño na Piteira para compartir unha maña de xogos, actividades e convivencia . 
Fixemos moitas migas para o próximo curso no CPI.


17 de junio de 2019

VIAXAMOS A PONTEVEDRA

O día 28 de maio Lecra levounos de viaxe en tren a Pontevedra.
Visitamos a estación do tren, o museo de Pontevedra e tivemos unha tarde de lecer no parque.





31 de mayo de 2019

Visita casa Rosalía

O pasado día 9 maio visitamos a casa de Rosalía en Padrón con motivo da celebración do día das Letras Galegas que este ano adicamos a Antón Fraguas.




14 de mayo de 2019

6 de mayo de 2019

Saída Monte Paradegua

O pasado día 12 de abril visitamos o Monte Paradegua e vimos a consecuencias do lume, plantamos árbores e coñecemos a labor dos brigadistas.



29 de marzo de 2019

Saída ao teatro


O pasado xoves 21 de marzo os nen@s do CRA desfrutaron da obra THE SNOW QUEEN  no colexio La Salle en Santiago.





14 de marzo de 2019

ENTROIDO 2019



Viaxeiros de todos os continentes chegaron a Dodro. Dende Australia ata México. De África ata Noruega e pasando pola India.














Que baile tan  viaxeiro nos ensinaron os nosos pequenos e pequenas coas súas familias e coas mestras do Cra.













Contacontos de Kalandraka

Xornada de contacontos na Piteira .Disfrutamos moito!!!




7 de marzo de 2019

Servizos mínimos 8 de Marzo


En previsión da folga convocada para mañá, día 8 de marzo, a dirección do centro informa de que o centro prestará os servizos mínimos nas aulas de Vigo (Lugar de Vigo s/n) e Bexo (Chan de Currais 1) co horario habitual do centro e para todo o alumnado do CRA que asista nesta xornada.

19 de febrero de 2019

12 de febrero de 2019

16 de enero de 2019