Como sabedes, todos os anos propoñemos un proxecto de traballo para levar a cabo en común nas distintas escolas do CRA. Este ano, xunto coa nosa mascota Lecra, andamos coa cabeza nas nubes, e vos pensaredes, como é iso de andar coa cabeza nas nubes?... Pois algo moi divertido, tratamos de averiguar un montón de cousas sobre elas, si, si, elas, as nubes!, e para iso observámolas moito.
Algúns pensan que os que teñen a cabeza nas nubes non teñen os pés na terra, que é como decir que son distraídos e que, por isto, non van a chegar moi lonxe. Pero non é certo, mirar con atención as nubes é fantástico, podes imaxinar e aprender un montón de cousas, nunca te aburres!.
A continuación aparecen algúns dos recursos que nos guiaron e axudaron neste percorrido e que de seguro moitos xa coñecerán.
Vídeo "Lecra e as nubes" realizado polo Equipo de Biblioteca. Lecra nos invita a aprender un montón de cousas sobre as nubes.
Canción "Nubes-Alegría!". Música e letra: Sergio Tannus. Realización e animación: Luz Beloso
Corto de animación "Parcialmente nublado", "Partly Cloudy" en inglés. Producida no 2009 por Pixar Animation Studios e
distribuída por Walt Disney Pictures.
Vídeo de debuxos animados educativos sobre as nubes. Serie Narigota.
Conto infantil animado "Roberto y el escultor de nubes". Babyradio.es
Vídeo sobre o conto infantil "Donde está tu nube" de David Fernández e Santiago Verdugo da Editorial Pastel de Luna realizado polo Equipo de TICS. Música: The Legend of Zelda.
Vídeo sobre o conto infantil "A little cloud" de Eric Carle. Montado e adaptado ao galego pola profe Nuria, coa que tivemos a sorte de contar este ano unha vez máis, e á que lle agradecemos a súa colaboración e implicación. Moitas grazas, Nuria!.