CONTACTA CON NOS



     SEDE
    Estrada de Imo, 28
       15982 Dodro (A Coruña)

        SEDE Teléfono/Fax
        981 802 421
        
     Correo electrónico
        cra.dodro@edu.xunta.gal
    

                        


ESCOLA DE BEXO
Chan de Currais, 1
15982 Bexo (Dodro)

Móbil
616 293 099


Esta é a nosa escola, situada no lugar de Bexo. Aquí acudimos as nenas e nenos de Bexo, Bustelo, A Devesa, Imo e Teaio de 3 a 5 anos de idade.
A nosa escola é un edificio que consta de dúas plantas. Na planta baixa desenvolvemos case todas as actividades porque é onde temos máis recursos: a pizarra dixital, ordenadores, proxector,... e onde estamos máis quentiños grazas a unha bomba de climatización.
Na planta superior é onde realizamos actividades de Biblioteca, Audición e Linguaxe, Música e Educación Física.
No recreo saímos xogar ao noso parque, que foi arranxado fai pouco, e que conta cun espazo con randeeiras, cabaliños e tobogán, e outro con herba para poder correr e gozar.
A nosa titora chámase Dolores Parga Míguez.



ESCOLA DE LAÍÑO

Tarrío, 71
15982 Laíño (Dodro)


Móbiles
683 372 458



Esta é a escola de Laiño. Neste lugar é onde nos xuntamos as nenas e nenos de Laíño de 3 a 5 anos de idade.
A nosa escola é un edificio dobre, con dúas aulas, unha oa carón da outra. Nestas aulas realizamos a maioría das actividades porque é onde podemos empregar recursos máis variados: a pizarra dixital, ordenadores, proxector,... Na planta superior é onde temos clase de Música, e tarefas de Biblioteca e Audición e Linguaxe.
O noso patio é con moita diferenza o mellor da nosa escola, é inmenso!. Contamos con moita zona verde para saltar e facer trasnadas e tamén cun espazo adicado a xogos como tobogán, diferentes bambáns,... Na nosa labor como exploradores é de obrigada mención o último descubrimento de fauna autóctona, que son unha familia de píntegas que aniñan no areeiro.
A nosa tittar chámase Natalia Salgado González.



ESCOLA DE LESTROBE
Lestrobe, s/n
15916 Lestrobe (Dodro)


Móbil
696 763 495

Aquí está a nosa escola, que a podedes atopar no lugar de Lestrobe, un pouquiño agochada entre casas... Neste cole é onde nos reunimos as nenas e nenos de Lestrobe de 3 a 5 anos.
A nosa escola é un edificio dobre, cunha aula ao carón da outra. Na aula principal realizamos a maioría das actividades porque é onde podemos empregar recursos máis diversificados: a pizarra dixital, ordenadores, proxector, a nosa Biblioteca, instrumentos musicais,...
Na segunda aula é onde desenvolvemos tarefas de Audición e Linguaxe e Educación Física.
No recreo saímos xogar a un pequeno parque que temos anexo ao edificio da escola, que conta con diferentes elementos de xogo infantil.
A nosa profe chámase Inés Castro García e todos os días ten que recorrer esa rúa tan estreitiña que leva á nosa escola, carrexando libros e cousiñas para nós.



ESCOLA DE VIGO

Lugar de Vigo, s/n
15981 Vigo (Dodro)



Móbil
686 726 342

Esta é a nosa escola de Vigo. Aquí xuntámonos nenos e nenas de 3 a 5 anos con ganas de xogar a aprender e de aprender a xogar.
A nosa escola ten dous edificios que corresponden ás dúas aulas de que dispoñemos, separadas por un espazo exterior. Na aula principal realizamos a maioría das actividades porque é onde contamos con máis recursos: pizarra dixital, ordenadores, proxector,... Na aula secundaria é onde desenvolvemos tarefas de Audición e Linguaxe, Educación Física, Música e tamén Biblioteca.
No recreo, se non chove, saímos xogar a un pequeno parque que temos no espazo intermedio entre as dúas aulas, que ten un tobogán e varios elementos de xogo infantil.
No outono, gústanos moito apañar castañas do castañeiro que temos no noso parque e inventar xogos con elas.
A nosa titora chámase Nuria Varela Pedrouso.