Panxoliñas, teatro, bailes,... todo isto tivemos no festival de Nadal. Desfrutamos das actuacións dos nosos nenos e nenas, das nais do clube de lectura LeCRAs e tamén dos profes!! Ademais tomamos un rico chocolate acompañado de rosca, xusto antes da visita dos Reis Magos. Grazas a todos pola colaboración! Bo Nadal!!!!!
Dende o CRA queremos animar ás nenas e nenos a que sigan desfrutando da lectura durante o Nadal. Por iso vos deixamos as seguintes recomendacións coas que, de seguro, pasaredes fantásticos momentos. Bo Nadal!!!
CON MOTIVO DO DÍA DAS BIBLIOTECAS, VISITAMOS O CPI EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN, NO QUE DESFRUTAMOS DA SÚA BIBLIOTECA E REALIZAMOS DIVERSAS ACTIVIDADES MOI ENTRETIDAS. GRAZAS POLA INVITACIÓN!!
Este ano no CRA celebramos o magosto rodeados de momias, vampiros, meigas e outros seres que metían medo!! Pasámolo xenial nas distintas actividades que organizamos para esta xornada. Agradecer ás nais que participaron no obradorio de maquillaxe; deixaron aos nen@s arrepiantemente guapos!! Darlle as grazas tamén ao clube de lectura LeCRAs, que nos contaron unha historia xenial. Aquí vos deixamos unha mostra do ben que o pasamos!!
Este ano os nenos do CRA de Dodro comezamos unha nova aventura que nos levará a percorrer os fondos mariños da nosa terra e doutras zonas do noso planeta. Todos xuntos, mestr@s, nen@s e familias mergullarémonos nas profundidades para aprender moitas das cousas que o rodean,cousas que nos resultan moi coñecidas dada a importancia que ten para todos nos o mar. Para isto, unha vez máis, contamos ca inestimable colaboración de Lecra, que nos axudará a investigar e coñecer moreas de cousas acerca dos fondos dos nosos ríos e mares. Aquí tedes un pequeno adianto...
Ademais, Lecra envíanos uns cantos vídeos para que vaiamos coñecendo algunhas das cousas que nos encontraremos o longo deste curso, ¡Non vos perdades detalle!
UN ANO MÁIS COMEZAMOS O CURSO NO CRA DE DODRO MOI ILUSIONADOS E CON MOITAS GANAS DE TRABALLAR E TAMÉN DE XOGAR!!! DEIXÁMOSVOS UNHA PEQUENA MOSTRA DO QUE FOI O INICIO DESTE NOVO ANO ESCOLAR.
Un novo curso está a piques de arrincar, e non queremos deixar pasar a oportunidade de desexarvos un bo comezo, e darvos a benvida a todos os que xa formades parte da nosa comunidade, e por suposto, aos que chegades por primeira vez ao noso centro e ás nosas aulas. De seguro que entre todos, faremos deste curso unha experiencia emocionante, chea de ilusións e moita diversión.
A continuación deixámosvos unha nota informativa relacionada co comezo das clases o vindeiro martes 12 de setembro.
Presentámosvos unha obra con marionetas feita polas profes baseada nun conto do libro de Carlos Caseres a quen se lle dedican este ano as Letras Galegas.
Veunos visitar Luis Vallecillo e trouxo un amigo que se chama Carliños Casares. Eles os dous contáronnos un conto e axudámoslles bailando e cantando...mirade como o facíamos! Estamos no video que puxemos a continuación.
Como aos nosos alumn@s lles encanta o teatro, o vindeiro 4 de abril temos proxectada unha saída a Santiago para ver a representación teatral da obra "El gato con botas", e para que vos fagades unha idea, aquí tedes un anaquiño...
Un Entroido para lembrar. Grazas unha vez máis, ás familias, pola vosa implicación, á ANPA, pola súa colaboración, ao Centro de Día por recibirnos, e a todos aqueles que facedes posible xornadas tan especias como a que vivimos o pasado xoves 23 de febreiro. Aquí deixamos unha pequena mostra.
Durante a vindeira semana imos andar a voltas co Entroido. Comezamos coas mandas de LECRA, cada día ten un mandadiño que nos indica como temos que ir á escola. Unha vez máis contamos coa vosa colaboración para que todos os nenos/as que poidan, traían cada día as mandas correspondentes.
O luns 20 de febreiro entregaremos unha nota informativa sobre o desenvolvemento da xornada do xoves 23, esperamos que o tempo acompañe e poidamos gozar dun Entroido ao aire libre!
LUNS 20 DE FEBREIRO
Aquí vos deixamos a canción que imos interpretar o xoves. Chámase Bichiños pequeniños de Susa Herrera con Mamá Cabra.
MARTES 21 DE FEBREIRO
MÉRCORES 22 DE FEBREIRO
XOVES 23 DE FEBREIRO
Chegou o gran día!. Pasarrúas, música e larpeiradas de Entroido!. Que mellor peche para unha celebración tan especial!. Como sempre, contamos coa vosa asistencia!. Feliz Entroido!.
Como xa sabedes, mañá 9 de febreiro imos asistir a un concerto didáctico no auditorio de Padrón a cargo da cooperativa Sonaxe, que vai presentar o seu disco "O tempo dos xogos".
A continuación, deixámosvos un enlace con información sobre o concerto desta cooperativa.