Chegou o día de despedirnos neste ano tan complicado e diferente. Pero o resultado é para nota, de SOBRESAINTE, e fixémolo xuntos nenos, nenas, mestras e familias. Fixemos un traballo en equipo e conseguímolo.
Quedémonos cos bos momentos deste curso tan especial. Os nosos nenos e nenas fixérono no seu mural de recordos.
E así tamén de xeito especial vivimos este último día do curso 20/21.
DESFRUTADE AO MÁXIMO PORQUE O TEDES GAÑADO CAMPIÓNS!!!!
No CRA de DODRO con motivo da celebración do DIA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE (5 de xuño) os nenos e nenas plantaron árbores nas escolas, esperamos que estas cerdeiras e carballos medren coa forza coa que vive a vida o noso alumnado.
Esta actividade realizou coa colaboración do Concello de Dodro, dentro do proxecto "DODRO SOSTIBLE".
Os nenos e nenas do CRA de Dodro, prepararon unha mostra de animais marinos elaborados con material de refugallo con motivo do DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS (8 de xuño) e o DÍA MUNDIAL DA RECICLAXE (17 de maio).
Esta mostra formará parta da exposición que realizará o CONCELLO de DODRO.
Despois de todo o curso viaxando, as nosas mochilas van a descansar.
Esperamos que desfrutárades coa actividade.
17 de mayo de 2021
A semana pasada adicámonos a coñecer a Xela Arias, a autora homenaxeada este ano nas Letras Galegas, e mirade que orixinais retratos fixeron dela as nenas e nenos do noso CRA. Noraboa aos artistas e agardamos que vos gusten moito
MES DAS LETRAS, seguimos coa actividade que iniciamos o curso pasado o LECRADICIONARIO. Nesta ocasión os nenos e nenas do CRA de Dodro buscaron e decoraron palabras coas letras A B C D.
NO CRA DE DODRO CONTINUAMOS CO FOMENTO DUNHA ALIMENTACIÓN SAUDABLE E EQUILIBRADA, PARTICIPANDO NOVAMENTE NO PROGRAMA DE FROITA FRESCA. NESTAS DÚAS ÚLTIMAS SEMANAS, O NOSO ALUMNADO MERENDOU FROITAS VARIADAS COMO PIÑA, MELÓN, MAZÁ, PERA, AMORODOS, KIWIS OU ARANDOS.
A semana pasada do 19 ao 23 de abril celebramos a "SEMANA DO LIBRO" no CRA de DODRO, realizando diversas actividades.
Lecra enviou ás bibliotecas das escolas novos libros para contar con máis fondos, dende o CPI Eusebio Lorenzo Baleirón os nenos e nenas contáronlle contos aos alumnos do CRA de maneira virtual, coñecemos as recomendacións lectoras dos nosos pequenos, traballamos contos coa temática dos animais en cada unha das escolas e recibimos un agasallo de Lecra moi especial.
Aquí deixamos unha mostra da nosa SEMANA DO LIBRO.
📙📘📗RECOMENDACIÓNS LECTORAS DO NOSO ALUMNADO
📗📘📙OS NOSOS CONTIÑOS
📕OLA, SON UN BECHO BOLA. ESCOLA DE BEXO
📙A TOUPIÑA QUE QUERIA SABER QUEN LLE FIXERA ISO NA CABEZA. ESCOLA DE LAIÑO
NESTES DÍAS CELEBRAMOS NO CRA A SEMANA DA PRENSA, DURANTE A CAL AS NENAS E NENOS EXERCERON DE INTRÉPIDOS XORNALISTAS, EN BUSCA DE BOAS NOVAS. AQUÍ VOS DEIXAMOS A VOZ DE DODRO PARA MANTERVOS INFORMADOS...
Ademais do exercicio físico, é fundamental levar
unha dieta equilibrada, na que ocupa un lugar moi importante a froita. É por
iso que no CRA de Dodro, queremos contribuír a que os peques adquiran hábitos
de alimentación saudables. Durante as dúas últimas semanas, tivemos de
merenda arandos, mazás, kiwis, peras, plátanos.