Este ano no CRA celebramos o magosto rodeados de momias, vampiros, meigas e outros seres que metían medo!! Pasámolo xenial nas distintas actividades que organizamos para esta xornada. Agradecer ás nais que participaron no obradorio de maquillaxe; deixaron aos nen@s arrepiantemente guapos!! Darlle as grazas tamén ao clube de lectura LeCRAs, que nos contaron unha historia xenial. Aquí vos deixamos unha mostra do ben que o pasamos!!
16 de noviembre de 2017
12 de noviembre de 2017
Mergullámonos no mar
Este ano os nenos do CRA de Dodro comezamos unha nova aventura que nos levará a percorrer os fondos mariños da nosa terra e doutras zonas do noso planeta.
Todos xuntos, mestr@s, nen@s e familias mergullarémonos nas profundidades para aprender moitas das cousas que o rodean,cousas que nos resultan moi coñecidas dada a importancia que ten para todos nos o mar.
Para isto, unha vez máis, contamos ca inestimable colaboración de Lecra, que nos axudará a investigar e coñecer moreas de cousas acerca dos fondos dos nosos ríos e mares. Aquí tedes un pequeno adianto...

Ademais, Lecra envíanos uns cantos vídeos para que vaiamos coñecendo algunhas das cousas que nos encontraremos o longo deste curso, ¡Non vos perdades detalle!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)