22 de abril de 2015

CHEGA O DÍA DO LIBRO!!!!!!!!!


E como non podía ser doutro xeito... As nenas e nenos de 5 anos do CRA vannos contar un conto.


"A Alex gústalle ler" , bueno, máis ben vanlle por voz...
Mirade este video que preparamos!!!






Esperamos que vos guste.



FELIZ DÍA DO LIBRO!!!!!

27 de marzo de 2015

A profe Nuria e a "teacher" lemos e xogamos coa "Eiruga larpeira", " The very hungry caterpillar"!!!!! 

Disfrutade do video...!!!






27 de febrero de 2015



PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO DE NOVO INGRESO PARA O CURSO 2015/2016
OFERTA DE POSTOS ESCOLARES
UNIDADES DO CRA
POSTOS VACANTES
Unidade de Bexo
7
Unidade de Laíño 1
14
Unidade de Laiño 2
8
Unidade de Lestrobe
12
Unidade de Vigo
11

TOTAL: 52
INSTRUCCIÓN E PRAZOS
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES 
  • Entregarase unha única solicitude asinada por ámbolos dous país/nais/titores legais no centro que se solicita en primeiro lugar do  LUNS 2 AO LUNS 23 DE MARZO. CUBRIRASE SÓ as FOLLAS 1 E 2 DA SOLICITUDE OFICIAL ( anexo 2 Orde do 12 de marzo de 2013)
  • De entregarse varias solicitudes perderanse todos os dereitos de prioridade.
  • Xunto coa solicitude de admisión, achegarase copia do DNI do alumno ou copia da folla do libro de familia onde apareza o neno/a, e copia do DNIs dos pais/titores legais.
  • A documentación entregarase para a súa formalización na Sede do CRA de Dodro no seguinte horario :
  Luns: 9:45 – 11:30
        Martes: 12:45 – 14:30
        Venres: 9:45-11:30 
  • Os alumnos xa escolarizados, que presenten unha solicitude de admisión noutro centro,  teñen a obriga de comunicalo ao seu centro de orixe.
  • No caso de que se teña que baremar (habendo máis demanda de prazas que vacantes), do 25 de Marzo ao 7 de Abril solicitarase a información acreditativa xunto coas follas  3-4  do Anexo 2  da solicitude de admisión.
  • As listaxes de admitidos e excluídos provisionaispresentaranse nos taboleiros das escolas antes do25 de abril e as  listaxes definitivas antes do 15 de maio de 2015.
  • O prazo de formalización da matrícula será do 22 ao 30 de Xuño de 2015.
NORMATIVA REGULADORA
DECRETO 254/2012, do  13 de decembro polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigartoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do e de maio , de educación.
ORDE  do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

24 de febrero de 2015

Martes 24 de Febreiro celebramos o nacemento de Rosalía de Castro (178 aniversario).
No CRA tamén somos Rosalía cando a cantamos, cando a recitamos e cando nos comprometemos coa nosa lingua,coa nosa terra, igual ca ela.




Aquí deixamos un video do libro "Rosalía Pequeniña" de Uxía para que gocedes cantando...





9 de febrero de 2015

Xa chega o Entroido e con el o momento de ser o que sempre quixemos ser...Superheroinas,cociñeiros,príncipes,raiñas,futbolistas...

ÍMONOS DISFRAZAR!!!!!

Durante toda a semana, a nosa mascota e amiga, LECRA irá dando as mandas e para empezar ben... aí vai a primeira!!!