Estamos a piques de comezar un novo curso cheos de moita emoción, novos proxectos e ilusións. A nosa benvida aos que xa formades parte da nosa familia do CRA, e por suposto, aos que inician por primeira vez este camiño connosco.
A continuación deixámosvos información relacionada co inicio do curso o vindeiro luns 12 de setembro.
Para finalizar, unhas recomendacións para favorecer unha alimentación equilibrada e variada.
As nosas propostas para a distribución semanal de merendas ao longo do curso. Bo proveito e bo inicio de curso!