28 de mayo de 2018

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018: MARÍA VICTORIA MORENO MÁRQUEZ


Outro ano máis fómonos con Lecra a celebrar o día das letras galegas. Este ano adicado a un escritora: María Victoria Moreno Márquez.

Disfrutamos cos contos de María Victoria Moreno Márquez: "O cataventos" e "A festa no faiado", os cales nos resultaron moi divertidos.
Despois tocounos facer un xogo de búsqueda en donde aprendemos un montón de cousas sobre a vida de María Victoria Moreno Márquez.

Aquí vos deixamos un vídeo con todas as fotos dese día, ¡¡esperamos que vos guste!!.





8 de mayo de 2018

XORNADA LITERARIA POR SANTIAGO E PASEO POLO MERCADO

Hai uns días puidemos desfrutar dunha estupenda saída por Santiago. Por unha banda, e con motivo da celebración do Día do Libro, visitamos a Libraría Couceiro, na que nos mergullamos no maravilloso mundo da literatura infantil e nos amosaron o procedemento e materiais necesarios para facer un libro. E por outra banda, percorremos os diferentes postos do Mercado de Abastos, polo que os nenos/as tiveron a oportunidade de amosar o moito que saben das criaturas mariñas, dado que o proxecto deste curso no CRA é o mar. 
Moitas grazas tanto á Libraría Couceiro como aos traballadores da Praza polo moito que nos ensinaron e polo ben que nos trataron.