Biblioteca

Coñecendo a María Victoria Moreno. Letras Galegas 2018





Visita á Libraría Couceiro e ao Mercado de Abastos de Santiago



Nadando pola Paz



Visita ao CPI con motivo do Día das Bibliotecas


               


Recomendacións de lectura para este Nadal







O País dos Mandóns

Con este conto celebramos o día da muller. Recoñecedes aos narradores?

 

 

 

Boas lecturas con LECRA

Neste nadal a nosa mascota deixounos estas recomendacións de lectura que son válidas para calquera época do ano. 





ÍMONOS DE VACACIÓNS!!!!


É tempo de lecer, de relax, de praia e sol, de xogar e xogar, pero... Tamén é tempo de mergullarse na lectura con Lecra.


Aquí vos deixamos unhas recomendacións, gozádeas!!!!








ATENCIÓN!!!!!!!!!


 Nenos e nenas, Lecra necesita a nosa axuda.
Mirade o video...




Xa chega o Nadal!!!! 

E tempo de estar en familia,disfrutar dos amigos,das vacacións,de comer,de xogar e por suposto é tempo de contar contos,imaxinar aventuras,soñar...







 Esperamos que o disfrutedes!




 24 de Outubro...día das bibliotecas!!!!


 Lecra quere celebralo con nós!

mirade o video que preparou para vós...











 OS BOLECHAS NO CASTRO





Territorio LeCRA,
Un espazo para ler, aprender e compartir
A Biblioteca que propoñemos pretende, en primeiro lugar, dar continuidade a unha línea de traballo iniciada prácticamente desde a constitución do CRA donde se entende a biblioteca como un área de mellora prioritaria:A biblioteca escolar un espazo de acción educativa


Xa están funcionando ás
                                                BiBLIOTECAS De AULA


Nestes días aprendemos cómo están clasificados os libros para poder buscar os que mais nos gustan. Tamén o significado das etiquetas, e das súas cores. Colocamos os libros cas profes nas estanterias novas, e case somos capaces de collelos soliños. 
                         
                                                           

  

Conseguimos o Plambe


O curso pasado realizamos un intenso traballo para conseguir ampliar os fondos da biblioteca , baixo a campaña “A polos 3000”. .Organizalos e catalogalos foi posible gracias o compromiso tanto da dirección como do profesorado do centro , a pesar da díficil situación na que nos atopamos actualmente. Cun esforzo de organización do centro e de formación do equipo de biblioteca no sistema de catalogación e manexo de Meiga conseguimos ir despexando os problemas que ían aparecendo a hora de plasmar ese compromiso na realidade concreta do centro. Contamos ca axuda de outros compañeiros que , a través do grupo de traballo, compartiron con nos a súas experiencias e ca ilusión que supuxo a implicación das nais poñendo en marcha o club de lectura do CRA. Co Plambe o traballo veuse recompensado. Supuxo poder dotar materialmente a cada unha das escolas de espazos agradables e coidados que facilitan viaxar a través dos libros a outros mundos e outras realidades e con material informático que permite a autonomía dos nenos nesa viaxe.
                                                                    



        LeCRA

Propuxemos as nenas e os nenos do CRA que ideasen unha presenza para aquel misterioso persoaxe (LeCra) que se dirixía a nos para pedir axuda contra un extraordinario e maléfico ser, capaz de roubar a súa visibilidad. Un ser miúdo e silencioso que habitaba na sede do Cra, onde esperaban o seus libros antes de ser traídos e levadas ata as súas pequenas mans.


Mochilas Viaxeiras

Nese trimestre iniciamos as Mochilas Viaxeiras. Unha actividade de fomento da lectura dentro do Proxecto Lector do centro, realizada en colaboración coa asesoría de bibliotecas escolares da Consellería de Educación.

A Mochila Viaxeira qure favorecer o vínculo entre a familia e a escola no seu labor común de formación de novos lectores, ademais de espertar o interese por outros mundos e realidades. Se ti les eles len.

Para levar a cabo esta actividade, dun xeito efectivo e motivador, necesitamos que non o vexades como deberes , senón como un xeito de compartir e gozar cos libros.

A idea é que con esta iniciativa as familias vaiades coñecendo os fondos da nosa biblioteca, poidades expresar as vosas opinións, e nolas fagades chegar tanto con letra coma con debuxos .Animádevos a escribir, as mellores propostas de mellora dunha biblioteca sempre son as dos lectores!!

Recomendamos

PARA TODOS
 

Amelia quere un can. Tim Bowley. Kalandraka.

Un libro que desprende tenrura onde unha nena moi espelida consegue que o seu pai adulto vexa o mundo a través dos seus ollos. Ás veces é preciso dar un rodeo para conseguir unha meta. É a estratexia de Amelia cando se lle antolla adoptar un can...




A tartaruga que quería durmir. Roberto Aliaga. OQO.

A tartaruga ten moito sono e vai durmir o inverno todo. Cando xa está na cama, despois de cumprir co ritual para ir durmir, alguén chama á porta. Son os seus amigos, que van chegando con agasallos para acompañala antes do longo período de sono que lle agarda.





O señor Ramón e a señora Ramona. Beatriz Montero. OQO.

Entrañable historia de dous avós asustadizos e das súas disparatadas hipóteses. Precisamente, o temor, que non ocultan, fainos máis próximos aos pequenos.




¡AL GALOPE!:una aventura en movimiento. Rufus Butter S.. Ediciones B

O cabalo galopando, o mono saltando, a tartaruga nadando… ¿realidade ou ilusión? Cada páxina é máis, máis e máis sorprendente. ¡Xira, xira e xira e non deixes de alucinar! Con divertidas rimas, acertixos e adiviñas.




Gatiño e a neve. Joel Franz Rosell. Kalandraka.

Un libro que xoga coa empatía dos dous personaxes principais, un branco e outro negro, que deben buscar un lugar "neutro" para xogar. Ou sexa, que somos todos iguais e que as diferenzas raciais pouco ou nada deben preocuparnos!




PARA OS MAIS PEQUECHOS


 
El dinosaurio.Kimiko. Corimbo.

Un bebé dinosaurio case tan grande coma unha montaña. Libro de cartón cunha sorpresa en cada páxina.



 


 
¿Quen son? Slegers. Tambre.

Dani coñecerá a unha galiña, un gato, un coello, un can, un porco e un peixe, cos seus rasgos máis identificadores.






Caracol e vermiño. Armando Quintero. OQO.

Caracol comía unha folla verde, enorme e saborosa. Vermiño comía outra igual, que resultou ser a mesma. Come por un lado, come polo outro e, de súpeto atopáronse fronte a fronte. Mentres discuten, a pomba come por un lado e come polo outro…



 
O emocionante día de Piti o caracol. Sandrine Lhomme. Baía.

O sol está a punto de saír e vai comezar para Pití, o caracol, unha xornada chea de perigos e abraiantes aventuras.





Nunca he visto.P








ittau & Gervais. Kókinos.

Todos vimos un paxaro amarelo, unha bolboreta azul ou un elefante gris. Pero hai cousas que ninguén viu xamais, coma un limón branco, un ratón vermello ou unha lúa verde.