22 de junio de 2021

FIN DE CURSO 20/21

Chegou o día de despedirnos neste ano tan complicado e diferente. Pero o resultado é para nota, de SOBRESAINTE, e fixémolo xuntos nenos, nenas, mestras e familias. Fixemos un traballo en equipo e conseguímolo.

Quedémonos cos bos momentos deste curso tan especial. Os nosos nenos e nenas fixérono no seu mural de recordos.


E así tamén de xeito especial vivimos este último día do curso 20/21.












DESFRUTADE AO MÁXIMO PORQUE O TEDES GAÑADO CAMPIÓNS!!!!

BO VERÁN 

16 de junio de 2021

EXTRA! EXTRA! CONCERTO PACO NOGUEIRAS

Hoxe Lecra tiña preparada unha sorpresa para os nenos e nenas do CRA. Un concerto un chisco diferente, porque nesta ocasión foi virtual.

Visitounos Paco Nogueiras e compartiu con todo o noso alumnado un ratiño diferente, co seu libro de cancións EXTRA!!

Actividade promovida dende a biblioteca do CRA, GRAZAS LECRA!!!






4 de junio de 2021

5 DE XUÑO DIA DO MEDIO AMBIENTE

 No CRA de DODRO con motivo da celebración do DIA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE (5 de xuño) os nenos e nenas plantaron árbores nas escolas, esperamos que estas cerdeiras e carballos medren coa forza coa que vive a vida o noso alumnado.

Esta actividade realizou coa colaboración do Concello de Dodro, dentro do proxecto "DODRO SOSTIBLE".








MOSTRA DE ANIMAIS MARIÑOS CON MATERIAL DE REFUGALLO

Os nenos e nenas do CRA de Dodro, prepararon unha mostra de animais marinos elaborados con material de refugallo con motivo do DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS (8 de xuño) e o DÍA MUNDIAL DA RECICLAXE (17 de maio).

Esta mostra formará parta da exposición que realizará o CONCELLO de DODRO.



1 de junio de 2021

FINALIZAMOS A VIAXE DAS NOSAS MOCHILAS SEMANAIS

Despois de todo o curso viaxando, as nosas mochilas van a descansar.

Esperamos que desfrutárades coa actividade.



17 de mayo de 2021

 A semana pasada adicámonos a coñecer a Xela Arias, a autora homenaxeada este ano nas Letras Galegas, e mirade que orixinais retratos fixeron dela as nenas e nenos do noso CRA. Noraboa aos artistas e agardamos que vos gusten moito