20 de mayo de 2016

Letras Galegas: Lembrando a Manuel María

Como ben sabedes este ano o Día das Letras Galegas estivo adicado a Manuel María, e para celebrar este acontecemento tan especial, o pasado venres 13 de maio fomos á Piteira onde gozamos cun montón de xogos e actividades moi divertidas.



Representación da obra de Berenguela "Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo". Adaptación realizada polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CRA. Participantes: As profes Marta, Katy, Irene e Dalia.









Merenda e xogo para continuar... O tempo axudou e puidemos saír e gozar da fantástica contorna da Piteira.










E finalizamos a xornada coa rotación de grupos por diferentes talleres! Que ben o pasamos!


TALLER DE MANUALIDADES
 Decoramos unha espiña de Toxo, protagonista da obra de monicreques.



TALLER DE MÚSICA
 Bailamos e cantamos a canción "A roda-roda" do libro-CD "Canta o Cuco" da Ed. Galaxia (sonárbore). Libro homenaxe a Manuel María.




TALLER DE XOGOS
 Divertímonos moito co xogo "Vai o cuco para a gaiola". Un xogo no que as chapas eran cucos que estaban nas árbores e tiñamos que levalos para a gaiola seguindo uns camiños!










Aquí vos deixamos algunhas actividades elaboradas polo Seminario Galán para continuar aprendendo un montón de cousas sobre este grande das nosas letras. 



Premer na imaxe para acceder á biografía de Manuel María




Premer nas imaxes para acceder ás diferentes actividades sobre os poemas do libro "Os soños na gaiola" de Manuel María: O Galo, O Cuco, O Caracol, Neve, O Arco da Vella, O Meu Burriño, O Gato, Orballo, O Vento,... algúns deles musicados por Suso Vaamonde.