24 de junio de 2019

MOCHILA VIAXEIRA

As mochilas viaxeiras xa están de volta na nosa biblioteca. Velaquí tendes unha mostra do que máis lles gustou aos nosos nenos e nenas.
Para o curso que ven teremos máis mochilas que enriquecerán as lecturas e o tempo de lecer.


18 de junio de 2019

XUNTANZA 6º DE INFANTIL

Os nenos e nenas de 6º de E. Infantil xuntáronse o pasado día 7 de xuño na Piteira para compartir unha maña de xogos, actividades e convivencia . 
Fixemos moitas migas para o próximo curso no CPI.


17 de junio de 2019

VIAXAMOS A PONTEVEDRA

O día 28 de maio Lecra levounos de viaxe en tren a Pontevedra.
Visitamos a estación do tren, o museo de Pontevedra e tivemos unha tarde de lecer no parque.