23 de diciembre de 2016
20 de diciembre de 2016
22 de octubre de 2016
Magosto - Samaín 2016
Interpretación polos alumn@s das escolas do CRA de Dodro. da canción "Son un trasno" de Pablo Díaz.
A continuación unha breve mostra do teatro de sombras realizado por LeCRAs: unha adaptación ao galego do conto "El fantasma blanco".
Xa entrados no outono, e como ven sendo tradición no noso CRA, o vindeiro venres 28 de outubro, celebramos na Piteira o Magosto e o Samaín. Cabazas, castañas, disfraces, música,.... e como sempre, moita diversión!!!.
No apartado ACTIVIDADES do noso blogue deixámosvos unha selección dalgúns dos recursos relacionados con esta conmemoración cos que estamos a traballar nas diferentes escolas.
6 de septiembre de 2016
INICIO DE CURSO ESCOLAR 2016-17
Estamos a piques de comezar un novo curso cheos de moita emoción, novos proxectos e ilusións. A nosa benvida aos que xa formades parte da nosa familia do CRA, e por suposto, aos que inician por primeira vez este camiño connosco.
A continuación deixámosvos información relacionada co inicio do curso o vindeiro luns 12 de setembro.
Para finalizar, unhas recomendacións para favorecer unha alimentación equilibrada e variada.
As nosas propostas para a distribución semanal de merendas ao longo do curso. Bo proveito e bo inicio de curso!
29 de junio de 2016
28 de junio de 2016
Homenaxe á mestra Mª José de Lestrobe
Como xa sabedes, o vindeiro curso a mestra Mª José da Escola de Lestrobe, marcha para un novo colexio, e desde aquí queremos renderlle unha pequena homenaxe pola súa traxectoria e implicación ao longo destes 10 anos no noso CRA e no Equipo de Biblioteca.
Moitas grazas compañeira!
27 de junio de 2016
Peche de curso na Paxareira
Un recordo para un curso emocionante, cheo de soños e ilusións.
Alumn@s da Escola de Bexo interpretando o poema "O sol" do libro de Manuel
María "Os soños na gaiola" musicado por Suso Vaamonde.
Alumn@s da Escola de Laíño1 interpretando a canción "Nubes", Sérgio
Tannus. Alegría!.
Alumn@s da Escola de Laíño2 interpretando a canción "Quero sol", Lucecús,
Pirilampo.
Alumn@s da Escola de Lestrobe interpretando a canción "A jugar", Jolgorio
del bueno. Titiriteros de Binéfar.
Alumn@s da Escola de Vigo interpretando a canción "Voa,voa" , As Maimiñas.
Unha viaxe polo mundo.
Alumn@s de 6º de Educación Infantil de todas as escolas do CRA interpretando
a canción "O futuro xa chegou", Sérgio Tannus. Alegría!.
15 de junio de 2016
Kirico 2016
Aquí vos deixamos unha pequena mostra do noso paso pola Granxa-Escola O Kirico o pasado 9 de xuño. Unha experiencia inolvidable!!!
3 de junio de 2016
Imos de excursión!
Acercámonos xa ao final deste curso e os nosos nenos e nenas teñen ben merecida unha boa excursión. O próximo xoves 9 de xuño imos á Granxa-Escola O Kirico, en Fornelos de Montes (Pontevedra), e para que vos fagades unha idea, aquí vos deixamos o seguinte enlace.
Premer na imaxe para coñecer a Granxa-Escola O Kirico
30 de mayo de 2016
Xornada de acollida e Xuntanza dos alumnos/as de 6º de Educación Infantil
E para rematar, unha pequena reportaxe da XUNTANZA DO ALUMNADO DE 6º DE ED. INFANTIL na Piteira o pasado venres. Xogos, agasallos e larpeirada!!!
XUNTANZA DO ALUMNADO DE 6º DE ED. INFANTIL
20 de mayo de 2016
Letras Galegas: Lembrando a Manuel María
Como ben sabedes este ano o Día das Letras Galegas estivo adicado a Manuel María, e para celebrar este acontecemento tan especial, o pasado venres 13 de maio fomos á Piteira onde gozamos cun montón de xogos e actividades moi divertidas.
Representación da obra de Berenguela "Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo". Adaptación realizada polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CRA. Participantes: As profes Marta, Katy, Irene e Dalia.
Representación da obra de Berenguela "Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo". Adaptación realizada polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CRA. Participantes: As profes Marta, Katy, Irene e Dalia.
Merenda e xogo para continuar... O tempo axudou e puidemos saír e gozar da fantástica contorna da Piteira.
E finalizamos a xornada coa rotación de grupos por diferentes talleres! Que ben o pasamos!
TALLER DE MANUALIDADES
Decoramos unha espiña de Toxo, protagonista da obra de monicreques.
TALLER DE MÚSICA
Bailamos e cantamos a canción "A roda-roda" do libro-CD "Canta o Cuco" da Ed. Galaxia (sonárbore). Libro homenaxe a Manuel María.
TALLER DE XOGOS
Divertímonos moito co xogo "Vai o cuco para a gaiola". Un xogo no que as chapas eran cucos que estaban nas árbores e tiñamos que levalos para a gaiola seguindo uns camiños!
Aquí vos deixamos algunhas actividades elaboradas polo Seminario Galán para continuar aprendendo un montón de cousas sobre este grande das nosas letras.
Premer na imaxe para acceder á biografía de Manuel María
Premer nas imaxes para acceder ás diferentes actividades sobre os poemas do libro "Os soños na gaiola" de Manuel María: O Galo, O Cuco, O Caracol, Neve, O Arco da Vella, O Meu Burriño, O Gato, Orballo, O Vento,... algúns deles musicados por Suso Vaamonde.
18 de mayo de 2016
Lecra está nas nubes
Como sabedes, todos os anos propoñemos un proxecto de traballo para levar a cabo en común nas distintas escolas do CRA. Este ano, xunto coa nosa mascota Lecra, andamos coa cabeza nas nubes, e vos pensaredes, como é iso de andar coa cabeza nas nubes?... Pois algo moi divertido, tratamos de averiguar un montón de cousas sobre elas, si, si, elas, as nubes!, e para iso observámolas moito.
Algúns pensan que os que teñen a cabeza nas nubes non teñen os pés na terra, que é como decir que son distraídos e que, por isto, non van a chegar moi lonxe. Pero non é certo, mirar con atención as nubes é fantástico, podes imaxinar e aprender un montón de cousas, nunca te aburres!.
A continuación aparecen algúns dos recursos que nos guiaron e axudaron neste percorrido e que de seguro moitos xa coñecerán.
Vídeo "Lecra e as nubes" realizado polo Equipo de Biblioteca. Lecra nos invita a aprender un montón de cousas sobre as nubes.
Canción "Nubes-Alegría!". Música e letra: Sergio Tannus. Realización e animación: Luz Beloso
Corto de animación "Parcialmente nublado", "Partly Cloudy" en inglés. Producida no 2009 por Pixar Animation Studios e
distribuída por Walt Disney Pictures.
Vídeo de debuxos animados educativos sobre as nubes. Serie Narigota.
Conto infantil animado "Roberto y el escultor de nubes". Babyradio.es
Vídeo sobre o conto infantil "Donde está tu nube" de David Fernández e Santiago Verdugo da Editorial Pastel de Luna realizado polo Equipo de TICS. Música: The Legend of Zelda.
Vídeo sobre o conto infantil "A little cloud" de Eric Carle. Montado e adaptado ao galego pola profe Nuria, coa que tivemos a sorte de contar este ano unha vez máis, e á que lle agradecemos a súa colaboración e implicación. Moitas grazas, Nuria!.
12 de mayo de 2016
ADMISIÓN DO ALUMNADO CURSO 2016-17 - LISTAXE DEFINITIVA
LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O
CURSO 2016-17
NOTA: Poderase interpoñer recurso de alzada ante a Xefatura Territorial no prazo dun mes dende a súa publicación.
5 de mayo de 2016
Saída ao teatro
O 20 de abril fomos de excursión a Santiago a ver a obra de teatro O libro da selva. Gozamos cos personaxes, os monicreques xigantes, as cancións,... Nada mellor que ver o seguinte vídeo para facerse unha idea.
Pensades que xa rematamos? Pois non, tivemos unha sorpresaza! Os actores deixáronnos subir ao escenario despois de rematar a obra! Mirade que contentos estabamos todos.
Paco Nogueiras visita o noso CRA
No mes de marzo estivo con nós Paco Nogueiras. Xa coñeciamos do curso pasado a súa faceta de músico, pero nesta ocasión sorprendeunos como contacontos.
Fíxonos gozar con poemas de Xosé Neira Vilas do libro Cantarolas e deleitounos cos contos Paxariña de papel, Despois da chuvia e O poliño da abeleira. Pasámolo moi ben!.
Rematamos a xornada cunha homenaxe dos nenos e nenas das escolas a Xosé Neira Vilas. Recitaron e escenificaron o poema O sol do seu libro Cantarolas. Son uns artistas!!!.
22 de abril de 2016
ADMISIÓN DO ALUMNADO CURSO 2016-17 - LISTAXE PROVISIONAL
LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O
CURSO 2016-17
CURSO 2016-17
NOTA: Poderase formular reclamación ante o Consello Escolar no prazo de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta listaxe.
30 de marzo de 2016
O País dos Mandóns
Con este conto celebramos o día da muller no CRA de Dodro. Recoñecedes aos narradores?
16 de marzo de 2016
Entroido 2016
Aquí vos deixamos unha pequena mostra dos nosos entroideiros do CRA. Esperamos que vos guste!!!
1 de marzo de 2016
Día da Paz 2016
Chegou o Día da Paz! Mirade que murais máis chulis fixemos cos símbolos da Paz!!!
Mural Escola de Bexo |
Mural Escola de Laíño 1 |
Mural Escola de Laíño 2 |
Mural Escola de Lestrobe |
Mural Escola de Vigo |
Aquí vos deixamos unha presentación realizada pola profe Loli de Reli
coa que os alumnos/as celebramos o Día da Paz nas diferentes escolas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)