22 de marzo de 2020

RUTINAS PARA OS NOSOS PEQUERRECHOS

Propoñemos unha xornada tipo, coa finalidade de que as familias, dende os fogares, e debido á situación que estamos vivindo actualmente e nos impide acudir ás escolas, poidan seguir unha serie de rutinas cos nenos e nenas. Dicir que ademais de actividades nas que se aborden determinados contidos educativos, é moi importante facer fincapé nas rutinas diarias, como son os momentos de merenda e xantar, de aseo persoal... 
Destacar que en canto á realización das diferentes actividades, temos que falar da flexibilidade. Así, dicir que se trata dunha proposta, xa que sodes vos quenes xestionaredes a realización das actividades no tempo, tendo en conta as características individuais de cada neno/a e de cada familia, así como os recursos cos que contedes nestes momento na casa. 
TODOS OS RECURSOS NA MARXE DEREITA


16 de marzo de 2020

RECURSOS

Recordamos a todas as familias do CRA de DODRO, que dende hoxe tendes diferentes recursos na marexe dereita deste blog nos apartados RECURSOS e CÓNTAME UN CONTO ONLINE.

E recordade #QUEDATENACASA


13 de marzo de 2020

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS

Estimadas familias

Ante os acontecementos xurdidos co COVID-19 queremos facilitar a todas a familias do noso alumnado un banco de recursos para poder xestionar da mellor maneira posible a circunstancia do peche dos centro por 14 días naturais.

Para isto aportamos unha lista de recomendacións (nunca entendidas como traballo obligatorio) incidindo na importancia de manter unha rutina diaria cos nosos nenos e nenas para facerlles máis levadeira a situación que se producirá nestes días tan excepcionais.

As mestras do Cra de Dodro recomendamos como posibles actividades:

- Lectura de contos e elaboración de debuxos dos mesmos.
- Colaborar nas tarefas da casa (poñer a mesa, ordenar xoguetes…)
- Puzles, xogos de mesa, construción, plastilina....
- Elaboración dalgunha manualidade sinxela
- Xogos que implique algún movemento
- Cancións, bailes...
- Falar cos nenos e nenas da situación que estamos a vivir para que expresen as súas emocións, inquedanzas...

Tamén queremos que dende o noso blog teñades un banco de recursos on-line. Por este motivo, na marxe dereita iremos colgando diferentes enlaces de actividades interactivas, contos, videos...

Gracias a todas as familias polo vosa comprensión e colaboración. O grupo de mestras que compoñen o CRA de Dodro estamos á vosa disposición a través das canles habituais de comunicación (blog,  páxina web do centro e grupos de whatsapp). Toda a información que nas próximas horas e días vaia acontecendo seravos transmitida coa máxima celeridade posible a través de ditas canles. 

Atendendo ao PERÍODO DE ADMISIÓN, indicar a todas as familias que seguindo as instrucións recibidas "Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará unha semana despois do reinicio das clases"


https://m.youtube.com/watch?v=yZ9evzxeFVg





12 de marzo de 2020

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS

Información ás familias do CRA de DODRO

Segundo as medidas publicadas na páxina da Consellería de Educación, as actividades lectivas suspenderanse a partir do luns 16 de marzo, durante 14 días naturais para todas as etapas educativas.

A través das nosas canles  de comunicación iremos recollendo toda a información que ó respecto se vaia producindo nas próximas horas, para ter informadas ás familias en todo momento.

Mañá venres o centro permanecerá aberto e será decisión das familias se envían ós rapaces ou non durante esta xornada, sendo a recomendación que os nenos  e nenas non acudan.

Somos conscientes de que a situación é complicada para as familias e a conciliación da vida familiar e laboral. Grazas pola súa comprensión.

A directora


Información ás familias

Estimadas familias do CRA DE DODRO

Ante situación dada trala comparecencia do Presidente da Xunta de Galicia está mañana, informamos:

- Polo momento non temos instrucción de como proceder co peche dos centro.

Pregamos a todas as familias que permanezan atentas as novas que se poidan ir produciendo ao longo da tarde de hoxe ou na xornada de mañana venres; estas serán publicadas nos nosos canales de comunicación. (blog, páxina web e grupos de WhatsApp de cada unha das escolas)

11 de marzo de 2020

DÍA DE ROSALÍA







O día 24 de febreiro celebramos o día de Rosalía de Castro. Desde o CRA de Dodro quixemos amosarvos como ven os nenos e nenas a Rosalía.

7 de marzo de 2020

De concerto en Santiago

Imposible non cantar e bailar co espectáculo musical e teatral de Lydia Botana “De aquí para alá”, ao que asistimos o pasado mércores no Auditorio de Galicia. Botáde unha ollada!


                                        


3 de marzo de 2020

Entroido 2020

                            Aquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o pasamos!