Estimadas familias
Ante os acontecementos xurdidos co COVID-19 queremos facilitar a todas a familias do noso alumnado un banco de recursos para poder xestionar da mellor maneira posible a circunstancia do peche dos centro por 14 días naturais.
Para isto aportamos unha lista de recomendacións (nunca entendidas como traballo obligatorio) incidindo na importancia de manter unha rutina diaria cos nosos nenos e nenas para facerlles máis levadeira a situación que se producirá nestes días tan excepcionais.
As mestras do Cra de Dodro recomendamos como posibles actividades:
- Lectura de contos e elaboración de debuxos dos mesmos.
- Colaborar nas tarefas da casa (poñer a mesa, ordenar xoguetes…)
- Puzles, xogos de mesa, construción, plastilina....
- Elaboración dalgunha manualidade sinxela
- Xogos que implique algún movemento
- Cancións, bailes...
- Falar cos nenos e nenas da situación que estamos a vivir para que expresen as súas emocións, inquedanzas...
Tamén queremos que dende o noso blog teñades un banco de recursos on-line. Por este motivo, na marxe dereita iremos colgando diferentes enlaces de actividades interactivas, contos, videos...
Gracias a todas as familias polo vosa comprensión e colaboración. O grupo de mestras que compoñen o CRA de Dodro estamos á vosa disposición a través das canles habituais de comunicación (blog, páxina web do centro e grupos de whatsapp). Toda a información que nas próximas horas e días vaia acontecendo seravos transmitida coa máxima celeridade posible a través de ditas canles.
Atendendo ao PERÍODO DE ADMISIÓN, indicar a todas as familias que seguindo as instrucións recibidas "Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará unha semana despois do reinicio das clases"