1 de febrero de 2018

ENTROIDO 2018

Chega o Entroido queridas familias! Quedan 7 días para a gran festa de entroido no CRA de Dodro, así que ide quentando as vosas voces e os vosos músculos porque vamos a cantar e bailar con todas as nosas forzas durante toda a mañá. Aquí abaixo vos deixamos un pequeno video coa canción e unha imaxe coa letra para que podades practicar.

¡Non vos olvidedes, vémonos o próximo venres!