PROCEDEMENTO
ORDINARIO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO CURSO 2016-2017
NORMATIVA REGULADORA
DECRETO 254/2012, do 13 de decembro polo que se regula a admisión do alumnado en centros doscentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación.
DECRETO do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación.
NOTA: Facilitarase esta documentación na sede do CRA de Dodro no caso de precisar consultala.
POSTOS ESCOLARES OFERTADOS PARA O CURSO 2016-2017 POR UNIDADE
ESCOLA
|
ALUMNOS MATRICULADOS PARA
O CURSO 2016/2017
|
Nº DE PRAZAS VACANTES
|
BEXO
|
9
|
11
|
LAÍÑO
|
16
|
4
|
LESTROBE
|
6
|
14
|
VIGO
|
13
|
7
|
TOTAL
|
44
|
36
|
NOTA: Reservaranse 3 prazas para atender á escolarización de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. As devanditas prazas non adxudicadas, asignaranse dentro do procedemento ordinario de admisión.
PRAZOS E PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN
Do 1 ao 29 de marzo, ambos incluídos
|
SOLICITUDE DE ADMISIÓN
|
Presentar a solicitude
(dúas primeiras follas do ANEXO II
da Orde do 12 de marzo) no centro solicitado en primeiro lugar. Deberá ser
asinada por calquera das/os titulares da patria potestade . O mencionado
ANEXO II será facilitado na sede administrativa do CRA de Dodro ou nas
correspondentes escolas.
Achegar copia do DNI do alumna/o
ou copia do libro de familia e copia do DNI dos pais/titores legais.
Esta documentación presentarase na sede administrativa do CRA de Dodro no
horario de dirección que figura nos taboleiros das escolas e no noso blog, no apartado, O NOSO CENTRO - HORARIOS - ATENCIÓN DA DIRECCIÓN.
|
Do 1 ao 14 de abril
|
Presentación
da documentación xustificativa dos criterios alegados para o baremo, SÓ NO CASO DE HABER MÁIS DEMANDA DE PRAZAS QUE AS OFERTADAS
|
Presentación das follas 3, 4 e 5 do ANEXO II xunto
coa documentación acreditativa correspondente.
|
Antes do 25 de abril
|
Publicación
das listaxes provisionais de admitidos/as e non admitidos/as
|
Reclamación no prazo de 5 días hábiles dende a
súa publicación ante o Consello Escolar.
|
Antes do 15 de maio
|
Publicación
da listaxe definitiva de admitidos/as e non admitidos/as
|
Recurso de alzada ante a Xefatura Territorial no
prazo dun mes dende a súa publicación.
|
Do 20 ao 30 de xuño, ambos incluídos
|
FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA
|
Presentar o documento de formalización de
matrícula (ANEXO III-1 da Orde do
12 de marzo).
Achegar copia da tarxeta sanitaria
e 2 fotos tamaño carné.
|
NOTA INFORMATIVA
1º) Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. Non sendo así, perderá os dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
2º) O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
3º) O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solucitudes de admisión.