Esperamos que estendes todos ben dentro da medida das posibilidades que nos permiten estos momentos.
En primeiro lugar, queremos felicitar ós nenos e nenas do CRA polo esforzo que están facendo, o seu bo comportamento, os seus sorrisos, a súa paciencia e a súa positividade; porque é unha lección enorme para todos os adultos. GRACIAS NEN@S.
Empezamos o 3º trimestre e as mestras estamos buscando a forma máis viable para chegar a todos vos no día a día e propoñervos actividades que resulten motivadoras para os nenos e nenas e ó mesmo tempo non sexan un quebradeiro de cabeza para as familias buscando en todo momento adaptarnos o máis posible ós recursos tecnolóxicos, materiais e familiares cos que contades; buscando as canles máis eficaces para estar en contacto con todos os mestres do CRA. Ao longo desta semana iremos dando indicación para concretar estas actividades, por agora seguimos a traballar cos recursos cos que contadas na marxe dereita deste blog.
Por outra banda, estamos a espera das instrucións concretas que dende as autoridades educativas van ditar para este 3º trimestre, e que no momento no que estean publicadas vos daremos conta.
Seguimos en contacto con todos vos a través de:
- BLOG (traballo diario, notas informativas, recursos...)
- PÁXINA WEB (Información oficial da Consellería)
- CORREO ELECTRÓNICO cra.dodro@edu.xunta.es
- GRUPOS DE WHATSAPP DAS ESCOLAS
- TELÉFONO DA DIRECTORA