17 de abril de 2020

PROPOSTA DE ACTIVIDADES

Ola nenos, nenas e familias:

Para este 3º trimestre queremos propoñervos unha nova dinámica para o traballo diario, buscando que vos guste e que desfrutedes moito con cada actividade que vos imos presentar.

Ao longo da semana faremos diferentes actividades: xogos, manualidades, lecturas..., cada día teredes dúas propostas novas que esperamos sexan divertidas e que cando as fagades as poidades compartir con todas as mestras do CRA. Para poder enviarllas a elas contaredes cos seus correos electrónicos e os seus teléfonos persoais. Animámosvos a facelo, as profes estamos desexando vervos facer estas actividades.

As nosas propostas seguirán esta orde

E para hoxe deixámosvos este conto

"A CASA DA MOSCA CHOSCA"


Despois de escoltar o conto podedes debuxar o personaxe que máis vos guste e para remartar ben a festa da Mosca Chosca podedes facer un biscoito para convidar ás vosas familias.
Aquí tedes unha receita dun pastel moi rico.